Viaxes pola Costa da Vida

Amanecer en Muros

Olympus

 

Vigo – Madrid – Vigo – Bilbao – San Juan de Gaztelugatxe – Bakio – Güeñes – Balmaseda – Bilbao – Vigo – Observatorio astronómico de Forcarei – Vigo – Praia nudista A Fontiña – Monte Alba – Vigo – Dunas de Corrubedo – Castro Baroña – Muros – Carnota – Fisterra – Malpica – Santiago de Compostela – Enseada de San Simón – Vigo – Vilagarcía de Arousa – Vigo – O Courel – Vigo – Mogor – Cabo Udra – Vigo – Luarca – Vigo…

Anuncios

A Carolina

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.

– ¿Bailaches Carolina?
– Bailei, sí señor.
– Dime con quen bailaches.
– ¡Bailei co meu amor!

A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
vístese pola cabeza
e íspese polos pés.

– ¿Bailaches Carolina?
– Bailei, sí señor.
– Dime con quen bailaches.
– ¡Bailei co meu amor!

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Dios todo llo perdoa.

– ¿Bailaches Carolina?
– Bailei, sí señor.
– Dime con quen bailaches.
– ¡Bailei co meu amor!

Alumea me alumea!

Alumea me alumea
Estreliña da fortuna
Alumea me alumea
Mentres que non ven a lúa

Santa Maria loei
e loo e loarei.

Púxenme a contar estrelas
E botalas no sombreiro
Non as puiden dar contado
Ata que veu o luceiro

Santa Maria loei
e loo e loarei.

Ímonos deiquí qu’é hora
Ímonos deiquí qu’é hora
Vais’o carro das estrelas
I’eu non quero durmir soia.

Santa Maria loei
e loo e loare.