A Carolina

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.

– ¿Bailaches Carolina?
– Bailei, sí señor.
– Dime con quen bailaches.
– ¡Bailei co meu amor!

A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
vístese pola cabeza
e íspese polos pés.

– ¿Bailaches Carolina?
– Bailei, sí señor.
– Dime con quen bailaches.
– ¡Bailei co meu amor!

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Dios todo llo perdoa.

– ¿Bailaches Carolina?
– Bailei, sí señor.
– Dime con quen bailaches.
– ¡Bailei co meu amor!

Anuncios

Alumea me alumea!

Alumea me alumea
Estreliña da fortuna
Alumea me alumea
Mentres que non ven a lúa

Santa Maria loei
e loo e loarei.

Púxenme a contar estrelas
E botalas no sombreiro
Non as puiden dar contado
Ata que veu o luceiro

Santa Maria loei
e loo e loarei.

Ímonos deiquí qu’é hora
Ímonos deiquí qu’é hora
Vais’o carro das estrelas
I’eu non quero durmir soia.

Santa Maria loei
e loo e loare.